Inicio‎ > ‎

CALENDARIO DE VACINACIÓNS INFANTÍS DE GALICIA PARA 2017

publicado a la‎(s)‎ 9 dic. 2016 3:30 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 9 dic. 2016 3:34 ]
Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación para 2017, que a respecto do actual supón os cambios seguintes:
 - Elimínase a dose de vacina contra a hepatite B que se administra ao nacer
- Modifícase a pauta de vacinación con DTPa (difteria, tétanos e tose ferina acelular), VPI (poliomielite inxectable), Haemophilus influenzae tipo b (Hib) e hepatite B
- A cuarta dose de DTPa e de VIP adminístrase aos 6 anos aos nenos nados a partir de xullo de 2016, mentres que aos nados con anterioridade que recibiron catro doses de DTPa administraráselles unha dose de dTpa de baixa carga
- Non se administra unha cuarta dose contra Hib, e a terceira da antipneumocócica pasa dos 12 aos 11 meses
- Engádese unha segunda dose de vacina contra a varicela aos 3 anos para os nenos nados a partir do 1 de xaneiro de 2015, e mantense a dose dos 12 anos para os que refiran non ter pasado a enfermidade nin recibido esta vacina
- Manterase tamén a vacinación de VPH aos 14 anos durante 2017 para as rapazas que están agora en idades entre 13 e 14 anos que non se vacinaran previamente

Mais información na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.


Comments