Inicio‎ > ‎

Bolsas de comedor escolar, actividades extraescolares e material escolar

publicado a la‎(s)‎ 30 may. 2017 16:05 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 30 may. 2017 16:11 ]
Aberto o prazo para a solicitude de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela.

As solicitudes formalizaranse segundo os modelos normalizados que se inclúen neste documento (anexo I e anexo II) e deben presentarse debidamente cubertas, xunto coa documentación que se detalla nas bases 10, 11 e 12, no Rexistro Xeral do Concello, na rúa do Presidente Salvador Allende, 2-4, ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo, así como nos órganos sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015,
do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Comments