Inicio‎ > ‎

AUMENTO DA DIFUSIÓN DO NOROVIRUS

publicado a la‎(s)‎ 15 dic. 2016 6:36 por ANPA López Ferreiro
O norovirus, aínda que non é moi coñecido, é o causante da meirande parte dos casos de gastroenterite vírica na nosa contorna. Unha persoa pódese contaxiar co norovirus polo contacto directo cun enfermo; por tocar coas mans superficies e obxectos contaminados co virus e logo levalas á boca; a través da aerosolización das partículas virais que se producen co vómito e a diarrea; e, tamén, por consumo de alimentos e bebidas contaminados.
O cadro clínico é fundamentalmente vómitos e diarrea. Nalgunhas ocasións coexiste febre pero non é frecuente. A duración do cadro clínico é curta, por termo medio entre 24 e 48 horas. O rango máximo do período de incubación é de 10 a 70 horas, sendo o máis frecuente entre 15-48 horas.
Outras características son unha baixa dose infectiva e a grande resistencia no ambiente, polo que se recomenda o emprego de lixivia para a limpeza de superficies e obxectos.

Máis información na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública, na seguinte ligazón.
Comments