Inicio‎ > ‎

ACONDICIONAMENTO ACÚSTICO E DECORACIÓN DO COMEDOR

publicado a la‎(s)‎ 7 ene. 2018 14:03 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 7 ene. 2018 14:04 ]
Informámosvos que durante este Nadal finalizaron as obras de acondicionamento acústico do comedor e ademáis aproveitouse para pintalo e decoralo dun xeito moi atractivo. Esta obra foi financiada pola Consellería de educación tras a petición da ANPA e co apoio da dirección do centro. Cos paneis antiruido instalados amortiguarase moitísimo a sensación de barullo contribuindo a que os momentos da comida ou as actividades extraescolares sexan mais agradables para os nenos e tamén para o persoal de cociña e coidadoras. Agradecemos a sensibilidade do Conselleiro de Educación D. Román Rodriguez así como do secretario xeral técnico D. Jesús Oitavén e o resto de técnicos da consellería a rápida contratación desta obra realizada pola empresa C&G técnicos asociados.


Comments