Inicio‎ > ‎

ACCCESOS AO COLEXIO POLA RÚA XOAN XXIII

publicado a la‎(s)‎ 8 sept. 2017 1:50 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 8 sept. 2017 2:16 ]
Onte o concelleiro de espazos cidadáns Jorge Duarte informou que vai ser posible acceder á rúa Xoan XXIII cando o destino final sexa o colexio López Ferreiro e outros centros que hai na mesma rúa ou o parking. Por parte da ANPA mandárase un escrito á dirección do centro para facer una petición conxunta ao concello advertindo do posible colapso na circulación de persistir o peche. Neste principio de curso retomaremos as xestión para acadar algunhas prazas de aparcamento adicionais na rúa xasmíns que son imprescindibles sobre todo para as familias con nenos/as de infantil.

Desde a ANPA agardamos que haxa un bó curso para toda a comunidade educativa.

Comments