Menús comedor maio 2018 (tamén dispoñible a app "Xantar" para Android na Google Play Store e para iOS na Apple Store)

FESTIVAL DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 6 DE XUÑO

publicado a la‎(s)‎ por ANPA López Ferreiro

O vindeiro 6 de xuño no pavillón LORENZO DE  LA TORRE celebrarase o festival das actividades extraescolares do que vos informamos para que o teñades en conta nas vosas axendas. Xúntase información.

Agardámosvos a todos alí.

A directiva da ANPA

EXCURSIÓN DE 6º A GRANXAS ECOLÓXICAS

publicado a la‎(s)‎ por ANPA López Ferreiro

O día 27 de febrero os alumnos de 6º  coa colaboración da ANPA fixeron unha visita a dúas granxas ecolóxicas, unha de ovos ( AVEGA)  e outra de produtos lácteos ( ARQUEIXAL) ambas en Palas de Rei. Esta visita serviu para afondar nos temas de nutrición que se estaban impartindo na clase e relacionalo tamén coas actividades da ANPA do servizo de comedor dado que AVEGA  e proveedor do noso colexio.

Os nenos puideron degustar o iogur ecolóxico e visitar un pequeno museo etnolóxico nunha xornada de aprendizaxe e lecer.


INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS A NOVA DIRECTIVA

publicado a la‎(s)‎ por ANPA López Ferreiro

Xuntase información sobre as eleccións á nova directiva da ANPA.

Un saúdo.

RENOVACIÓN DA DIRECTIVA DA ANPA

publicado a la‎(s)‎ 8 may. 2018 3:33 por ANPA López Ferreiro

Transcurridos xa 2 cursos expira o mandato da directiva da ANPA e procede a sua rennovación por imperativos estatuarios (artigo 13.2 dos estatutos) e por imperativos administrativos.

Por tanto iniciamos os pasos para convocar unha asamblea xeral antes de que remte o curso e elexir unha directiva que permita que siga funcionando o ANPA de forma legal frente os distintos gobernos administrativos e frente a Consellería de Educaciíon.

1º PASO:  Exposición do censo provisional de socios a día de hoxe, para que o poidades revisar e comunicarnos a actual directiva os erros que detectedes. Por exemplo: Non aparece o voso nome na lista pese a haber feito unha inscripción correcta como socio no seu día.

Os erros que detectedes podedes comunicalos no télefono móvil con nº 691899742.

2º PASO: Exposición do censo definitivo de socios a día de hoxe, (Terán dereito a elexir e a ser elexidos).

3º PASO: Publicitación da fecha da asamblea xeral de socios onde se levará a cabo a elección da nova directiva. A publicitación da devandita asamblea xeral de socios sera publicitada cunha antelación mínima de 48 horas si se convoca de forma extraordinaria e con un mínimo de 72 horas si se convoca de forma ordinaria.

4º PASO: Proceder por votación a elección da directiva na asamblea xeral de socios convocada o efecto.

5º  e ültimo PASO: Dar comunicación de forma oficial (cumplimentando os formularios ao efecto á Consellería de Educación para que a ANPA poda seguir exercendo como tal.

CON ESTE DOCUMENTO, (ADEMAIS DE INFORMAR DA NECESIDADE DE RENOVAR  A DIRECTIVA) PASAMOS  A REALIZAR O 1º PASO (EXPOÑER A LISTA  PROVISIONAL DE SOCIOS). 

RECORDAMOS QUE SEGÚN O ESTATUTO DA NOSA ANPA, O SOCIO ENTRE OUTROS TEN OS SEGUINTES DEREITOS:

ARTIGO 5.1.- Elexir e ser elexido paara todas as funcións representativas da asociación.

ARTIGO 5.2.- Asistir e intervir nas asambleas xerais con voz e voto. Poden votar ambos os dous pais ou titores legais.

 

Atentamente Ramón Jesús Lamelo Otero

Presidente da ANPA LÓPEZ FERREIRO.

O PROFESOR DE XADREZ DO LOPEZ FERREIRO CAMPEÓN GALEGO ABSOLUTO

publicado a la‎(s)‎ 3 may. 2018 14:23 por ANPA López Ferreiro

O profesor de xadrez  do noso colexio ven de acadar o campionato galego absoluto de xadrez, Compartimos con vos unhas notas sobre él remitidas por unha socia da asociación e desde a ANPA damoslles a nosa noraboa.

A directiva da ANPA

ESCOLA DE PAIS O 29 DE MAIO no CEIP VITE

publicado a la‎(s)‎ 3 may. 2018 14:19 por ANPA López Ferreiro

A Consellería de educación vai facer unhas charlas para favorecer a relación entre pais e fillos. Unha primeira charla piloto vai ser neste curso, para pais e nais da Anpa interesados na temática : Comunicación Positiva e Resolución de conflitos  e será o martes 29 de Maio.

Será unha charla compartida ANPAS CEIP López Ferreiro e CEIP de Vite de Santiago.

lugar escollido para mesma por cuestión de aparcamento libre foi o CEIP de Vite

A charla será de 1 hora e media aproximadamente (media hora final para preguntas ou cuestións que se susciten)

Hora de inicio: 16:30

A relatora será Alba Formoso Ramos: Psicóloga e especialista en técnicas de resolución de conflictos con ampla experiencia en cursos de formación profesorado, pais e alumnado.

Animámosvos a participar nesta interesante actividade.

PARA ANOTARSE MANDADE CORREO A anpa.lopez.ferreiro@gmail.com

ACTIVIDADE FUTBOL-ESPORTI DÍA 30 DE ABRIL DE 2018

publicado a la‎(s)‎ 25 abr. 2018 0:53 por ANPA López Ferreiro

O día 30 de abril estará pechado o pavillón Lorenzo de la Torre pero a actividade  Futbol-Esportí celebrarase nos patios do colexio. Para asistir a actividade os nenos que non veñan a comedor deben acudir á entrada do colexio pola rúa Xoan XXIII.


Proxecto "Prevención acoso escolar"

publicado a la‎(s)‎ 3 abr. 2018 15:40 por ANPA López Ferreiro

ver adxunto

*⛔#STOPDEBERES*⛔

publicado a la‎(s)‎ 2 abr. 2018 10:47 por ANPA López Ferreiro

Campaña STOP DEBERES de CEAPA:

Contos para construír. Educación pola igualdade. 7 de abril ás 12:00 h

publicado a la‎(s)‎ 2 abr. 2018 10:43 por ANPA López Ferreiro

Contos para construir

Contos para construír. Educación pola igualdade.

Sesións de contacontos sobre Ángeles Alvariño, Concepción Arenal, Maruxa Mallo e Rosalía de Castro. A vida e historia destas mulleres faro serán o fío para divertírmonos e aprender en familia e, sobre todo, para abrir conciencias en prol da muller.  
 
Sábado 7 abril. 12.00 h Sede Afundación Santiago. Rúa do Vilar, 19

Nen@s de balde*, persoas adultas 2 € (Gastos de xestión á parte)

*Imprescindible reservar prazas en Ataquilla. Admitiranse 3 prazas máximo por persoa.


https://www.afundacion.org/ga/agenda/evento/contos-para-construir.-educacion-pola-igualdade?utm_source=boletinmarzoafundacionfin&utm_medium=email&utm_campaign=contosconstruir

1-10 of 172